Por unha Galiza libre de touradas!

Mobilízate este sábado 12 de agosto en Pontevedra  na manifestación convocada por Touradas fóra de Pontevedra e a cal a nosa organización apoiamos para reivindicarmos unha Galiza libre de touradas!

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, participaremos na mobilización que sairá este sábado ás 20h dende a Praza da Peregrina, pois entendemos  que as touradas é unha actividade cruel e deshumanizada.

Rexeitamos calquera actividade que promova 0 maltrato animal. Ademais, as touradas non ten nada que ver coa nosa historia nin coa nosa cultura, chea de tradicións populares que esmorecen e que si son dignas de recuperación e axudas públicas para a súa promoción. Diversas enquisas, afirman que o 90% das galegas e galegos consideran que as torturas aos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca asistiu nin ten previsto asistir a estas actividades de promoción da tortura animal.

Desde Galiza Nova instamos ao goberno de estado español a que faga os cambios lexislativos necesarios para a abolición das touradas e a paralización da súa promoción e subvención con diñeiro público que no 2017 ascende a 564 millóns de euros .

Por outra parte,  instamos ao goberno de Nuñez Feijoo e o Parlamento de Galiza que modifique a “Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade” que exclúe no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades no noso país.

Este sábado 12 de agosto, non fiques na casa, mobilízate pola supresión das touradas no noso país e contra a protección que lle proporciona a Xunta de Feijóo e o Partido Popular!

TOURADAS FÓRA DA GALIZA!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *