Estamos a vivir un momento histórico no que se están a remover os cimentos do réxime do 78 no estado español, pola podremia das súas institucións e gobernantes, que negan a existencia de nacións diferenciadas dentro do mesmo.
Nese contexto o BNG lanza as “Bases Democráticas para unha nova Galiza”, uns mínimos sobre os que construír unha Galiza mellor, unha Galiza soberana, que remate co espolio colonial ao que nos somete España e na que o pobo galego poida mellorar as súas condicións de vida.
Queremos construír unha Galiza na que poidamos ser verdadeiramente libres, na que se poidan aplicar as 50 medidas para liberar a mocidade galega e é por iso que a difusión das Bases Democráticas é fundamental. Para isto organizamos un acto público na universidade este xoves 26 na Facultade de Filosofía da USC ás 18:00h no que intervirán o noso Secretario Xeral, Alberte Fernández, e a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.
- Portada
- Galiza Nova
- Galiza Nova formámola mozas e mozos coma ti, estudantes, traballadoras en precario, emigradas, desempregadas… que nos organizamos para loitar con toda a forza da xuventude por un futuro digno na nosa terra, e exercemos o activismo político e social en todas as frontes da batalla, para vencer a dominación e erguer a República da Galiza, é dicir, un País novo ao servizo das clases populares e da mocidade galega.
- XVII Asemblea Nacional
- Contacto
- Únete a nós!
- Tenda
- BNG
- buscar