Presentamos en Ourense a exposición sobre a denuncia do patriarcado na obra de Castelao.

denantesouDesde hoxe poderás visitar en Ourense a exposición sobre a denuncia do patriarcado na obra de Castelao, unha recompilación das láminas de Daniel Afonso Rodríguez Castelao sobre a figura das mulleres e a denuncia das desigualdades elaborada pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

A exposición atópase no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor, Ourense) até o 28 de marzo.