Defendendo desde Vigo traballo digno para a mocidade

v2As políticas devastadoras do Partido Popular aplicadas desde os concellos, a Xunta e Madrid, en converxencia coa Troika, supoñen a ruína da nosa capacidade como país (agro, pesca, naval, enerxía, investigación…), destrúen postos de traballo empurrándonos á explotación laboral, empregos precarios e a emigración. Máis do 50% da mocidade galega está desempregada, e máis de 100.000 moz@s emigraron nos últimos 5 anos en busca de posibilidades de vida que se lles nega no país.

Para o BNG e Galiza Nova, é unha prioridade absoluta a implantación de políticas que posibiliten o regreso da mocidade que se viu obrigada a deixar o país nos últimos anos e impidan que máis xente nova se vexa obrigada a coller as maletas. Entre as medidas urxentes sinalamos as seguintes:

– Elaborar un plan de emprego xuvenil adaptado á realidade de cada concello, ao tempo que se guía o traballo cara a sectores estratéxicos do concello/comarca.

– Impulsar a creación dunha rede municipal e/ou comarcal de empregabilidade para xente moza. Coordinación co Servizo Público de Emprego na xestión das ofertas de traballo, evitando que sexan as ETT’s as que xestionen a oferta laboral a modo de mercaderes de escravas.

– Potenciar a creación de bolsas destinadas a titulad@s superiores, para executar proxectos de especialización, exportación e innovación da economía local.

– Apoiar proxectos emprendedores de xente moza a través do acompañamento do desenvolvemento desde o inicio, creando espazos gratuítos de coworking para a mocidade, onde convivan diversas culturas profesionais coas que obter sinerxias.

– Crear un servizo de seguimento da mocidade desempregada, coa finalidade de garantir e procurar a súa introdución no emprego.

– Actuación dos concellos na liña de dar saídas laborais acaidas á realidade socioeconómica, garantindo o mantemento da poboación en espazos rurais.

– Axudar ao desenvolvemento de proxectos e iniciativas de mocidade para a creación e/ou mantemento de explotacións agro-gandeiras e de agricultura ecolóxica, e favorecer aqueles proxectos libres de transxénicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *