Proxección este xoves en Pontevedra do documental ‘O clítoris, o gran descoñecido’

clitorisCon motivo do Día Internacional das Mulleres, este xoves proxectamos o documental ‘O clítoris, o gran descoñecido’. A actividade, organizada pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Pontevedra e que terá lugar este xoves 6 de marzo ás 20h na Casa das Campás (ao carón do Teatro Principal), contará cun coloquio logo do audiovisual aberto ás achegas de todo o público e no que tamén participará a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán.

Con esta actividade, as rapazas da comarca queremos colaborar a romper os tabús e mitos que fan que ás mulleres se nos restrinxa a capacidade de desfrutar dos nosos corpos e ser donas deles, ademais de pór sobre a mesa unha temática moitas veces agochada dentro da sociedade como é a masturbación feminina. Unha maneira máis de reivindicar os nosos dereitos como mulleres dentro desta sociedade machista que nos envolve, é tratando con normalidade o desfrute do noso propio corpo.

Porque somos donas dos nosos corpos en todos os sentidos e porque ningunha lei ou home van decidir que facer sobre eles. Hoxe, máis que nunca, ante as políticas neofascistas do goberno, queremos reclamar os nosos dereitos como mulleres, mulleres libres con plena capacidade de decisión!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *