Este sábado 10 de maio convidamos á mocidade de Pontevedra a acudir á Praza da Peregrina para lanzarlle as maletas ao PPSOE, aos Borbóns, a Merkel e á Unión Europea… por que @s galeg@s queremos traballar na nosa Terra!
Ademais realizaremos un coloquio aberto á participación e debate coa mocidade sobre as alternativas necesarias para termos futuro digno na Galiza. Neste coloquio contaremos coa actriz e candidata do BNG ás Eleccións Europeas, Isabel Risco, o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, e o concelleiro de xuventude de Pontevedra, Demetrio Gómez.
Participa, toma a palabra! vén á Praza da Peregrina ás 19 horas deste sábado, e achéganos as túas inquedanzas, propostas e alternativas.
Unión Europea, ruína da mocidade galega!
Rebélate Galiza!