Que non decidan por ti! Como votar por correo?

O vindeiro 25 de maio celébranse eleccións Europeas. Para Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, estas son unhas eleccións decisivas porque temos a posibilidade de frear a ofensiva da Unión Europea contra a Galiza.

Que non decidan por ti! 

O 25 de maio é a oportunidade de rematar coas decisións inxustas para Galiza que veñen desde Europa, e nos defendamos a través da práctica rupturista que exerce o Bloque Nacionalista Galego. Descarga xa as indicacións sobre como votar por correo!

como_votar_correo_CARTAZ
Preme na imaxe para descargar o panfleto coas indicacións de como votar por correo

Lembra que, se estás no estranxeiro, as indicacións para poder votar están nesta outra ligazón!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *