Queremos unha Galiza lilás! Vén connosco á xornada de reivindicación feminista en Vigo.

insubmisasCamiña connosco este domingo en Vigo en defensa dos dereitos reprodutivos das mulleres. Este 15 de xuño, coincidindo co aniversario da creación da Plataforma Galega en Defensa do Dereito ao Aborto, da cal formamos parte a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, marcharemos desde a estación de ferrocarrís de Vigo até o casco vello en defensa dos dereitos reprodutivos das mulleres.
Ás 12:00hs sairase da estación de tren co seguinte percorrido: Areal-Concepción Areal-Montero Rios-Cánovas del Castillo-Carral-Bamboa-Gamboa-Oliva-Palma-Triunfo-Praza da Constitución-Praza do Sereo.
Seguida dunha asemblea aberta sobre ás 13:30 e cun xantar colectivo na Praza do Pobo Galego. A partir das 15:30, na Praza do Sereo comezarán as actuacións musicais, xunto coas mesas con material feminista.
Unha vez máis, este 15 de xuño imos amosar a forza e a enerxía de todas as mulleres e a solidariedade da sociedade galega na defensa dos nosos dereitos.
Insubmisas e rebeldes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *