Artigo da compañeira Maria Alonso
Como cada 14 de febreiro, o capitalismo saca proveito da constución dun modelo de amor totalmente patriarcal: o amor romántico.
Esta data serve como canle para que o sistema romantice e faga interiorizar condutas tóxicas tales como os ciumes, o control, a tolerancia de calquera tipo de conduta, a submisión e entrega total “á nosa outra metade”; ademais de promover un modelo heterosexual, conservador e tradicional.
En conclusión, propágase un modelo de relación estereotipadas e mitificadas que serven como base do sistema patriarcal; sendo a parella un proxecto vital e un fin último ao que a sociedade aspira.
O somentemento da muller a esforzarse por seguir diversos estereotipos de xénero (coidar o fogar, ter fillos, atender á parella…) non só se fai protagonista o 14 de febreiro, senón os 365 días do ano.
Desde Galiza Nova queremos rachar con este ideal do amor e fomentar relacións positivas que nos fagan medrar como persoas libres; onde o machismo non encamiñe ditas relacións e que impón roles de xéneros perxudiciais para todas nós.
A atención, os coidados, a confianza, o respecto e crecemento persoal e mutuo han de ser base da alternativa a un amor pouco saudábel, patriarcal e heteronormativo.
Somo soberanas sobre as nosas vidas e, por iso, debemos loitar por unha sociedade nova máis xusta e libre para todas nós!