Este venres 12 de maio, temos unha cita no Barco de Valdeorras coa lingua galega. Trátase dunha charla coloquio na que participarán Daniel Calvo, estudante de Filoloxía Galega e Lingüística na USC, e Marcos Maceiras, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística e que terá lugar ás 19:00h no Salón de Actos do Multiusos.
Por unha banda, Daniel acercaranos ao galego dende o ámbito das ciencias da linguaxe, introducindo conceptos como a cosmovisión da lingua galega ou o imperalismo lingüístico, alén de facer unha panorámica pola sociolingüística actual da nosa lingua materna. Por outra banda, Maceira presentaranos a campaña actual da Mesa sobre ILP que busca garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Contaremos ademais coa proxección da curtametraxe da Mesa “SC“.
Este acto realízase baixo a campaña que presentou Galiza Nova “Rebélate, fala galego” onde se acerca a nosa lingua aos máis novos. Que xa se presentou, fai uns días, entre o alumnado do instituto valdeorrés IES Martaguisela.