Este sábado 9 de decembro a asemblea comarcal de Galiza Nova en Ferrolterra organiza unha xornada dentro da campaña nacional Rebélate, Organízate e Loita.
A casa da Xuventude acollerá diferentes actividades ao longo da tarde do sábado e rematará cunha asemblea aberta á que pode achegarse toda a mocidade da comarca.
O programa é o seguinte:
16:00 O vento que axita a cebada
Filme sobre o Óglaigh na hÉireann que conta as orixes da independencia de Irlanda
18:00 Palestra: Conexións lingüísticas entre Galiza e Irlanda
Contaremos coas intervencións de Brais Eirexas, Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Martín Fernández, Director do Proxecto Gaelaico e Séamas Ó Diréain, lingüista irlandés.
19:00 Palestra: Igualdade de Xénero en San Sadurniño
Coas intervencións de Amanda Rei, integrante da Mesa Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e Ana Belén Gundín, concelleira de igualdade en San Sadurniño.
19:30 Palestra: O mito do amor romántico
Coas intervencións de Amanda Rei, integrante da Mesa Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.
A partir das 20:00 celebraremos unha asemblea aberta na que poderás achegarnos propostas para a mocidade de San Sadurniño e da comarca.