“Reboiras. Acción e Corazón” na Fonsagrada

Este sábado 10 de outubro, as compañeiras de Galiza Nova A Fonsagrada organizan a proxección con posterior coloquio do filme documental “Reboiras. Acción e Corazón”.

O filme chegou ás salas de cine o pasado agosto, tendo unha gran acollida entre o público. Nesta obra poderemos coñecer a vertente humana e política do nacionalista galego de Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista no ano 1975. Após o visionado do filme contaráse coa presenza do director Alberte Mera para unha pequena charla-coloquio.

A entrada é de balde e terá lugar hoxe ás 12:00h no Salón de Actos Muncipal da Fonsagrada.