O vindeiro venres 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Reivindicamos un ano máis a Rosalía, escritora imprescindíbel e símbolo nacional da Galiza, cuxos versos non perden vixencia. A nosa mocidade e a nosa nación sofren as mesmas condicións de precariedade e de vida que ela denunciaba nas súas obras: desemprego, emigración, marxinación da nosa lingua…

Este ano co motivo do 180 aniversario do seu nacemento, desde Galiza Nova impulsamos un recital online onde as persoas que o desexen poderán compartir os seus vídeos recitando a Rosalía. Se queres participar desta actividade só tes que seguir 3 sinxelos pasos:

  1. Elixir un poema de Rosalía.
  2. Gravarte recitándoo e subilo ás túas redes sociais.
  3. Empregar a etiqueta #RecitaRosalía24F.

Rosalía, sempre na memoria!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *