Reclamamos a ampliación do horario da biblioteca de Ponteareas en época de exames para cubrir as necesidades da mocidade

Biblioteca Municipal.Galiza Nova lamenta que o goberno local do PP non ampliase o horario de apertura da Biblioteca Municipal de Ponteareas para apoiar ao estudantado nestas datas de exames. O horario de apertura da biblioteca durante o mes de xullo “resulta claramente insuficiente, xa que aínda hai exames universitarios e hai demanda social para ampliar o horario para a súa utilización como sala de estudo” afirmou o Responsábel Local de Galiza Nova, Miguel Bouzó.

Instamos ao goberno do PP no concello de Ponteareas, a Solla e Sampedro, a ampliar o horario da biblioteca para utilizala como sala de estudo, abrindo polas tardes durante o mes de xullo. O estudantado xa ten transmitido esta demanda en anos anteriores e manifestado o seu malestar polo nulo interese do goberno para resolver esta necesidade, como ten advertido Galiza Nova”, lembrou Bouzó.
Galiza Nova trasladoulle ao concelleiro de Cultura e Ensino, Andrés Sampedro, a proposta dun horario máis amplo na Biblioteca Municipal que manteña aberta algunha sala de estudo para estas datas especialmente sensíbeis para o estudantado.