O pasado venres 28 de decembro, a Asemblea Comarcal de Monterrei, decidiu reelixir a Brais Diéguez como Responsabel Comarcal.
A Asemblea Comarcal incia este periodo coa inquedanza de traballar nas localidades da comarca para espallar a actividade de Galiza Nova na súa contorna. Diéguez asume a reelección con moita forza sabendo que a equipa formada na comarca posúe unhas grandes potencialidades e espera aumentar a militancia a través das diferentes campañas e actividades previstas nos vindeiros meses.