Renovación de resposanbilidades Na Asemblea Comarcal de Ourense

No centro da fotografía, Stella González, Responsábel Comarcal

A Asemblea Comarcal de Ourense –O Carballiño, celebrada o pasado domingo día 23, vén de escoller Responsábel Comarcal.

Decidiuse, de xeito unánime manter a Stella González na responsabilidade comarcal e a Artai Gavilanes como responsábel de comunicación, engadindo a Guillermo Garrido nesta última.

As novas responsabilidades acollen a tarefa con ilusión e gañas de traballar para organizar e mobilizar á mocidade ourensá co compromiso de realizar un maior traballo efectivo na comarca “Espéranos por diante un duro traballo, é importante mantén a ilusión” apuntou a Responsábel Comarcal, Stella González.

Toda a militancia encara con forza esta nova etapa e afronta este novo período con ánimo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *