A asemblea comarcal de Muros-Noia escolleu a Maruxa Martínez Romaní coma Responsábel Comarcal

Renovación na asemblea comarcal de Muros-Noia

A asemblea comarcal de Muros-Noia escolleu a Maruxa Martínez Romaní coma Responsábel Comarcal

O pasado 3 de febreiro as militantes de Galiza Nova comarca Muros-Noia xuntáronse en asemblea para escoller novas responsabilidades e fixar metas para o traballo político na comarca.

Na xuntanza, na que tamén estiveron presentes o noso secretario xeral, Alberte Fernández e Iria Carreira, integrante da permanente, fixose unha análise do traballo desenvolto nos últimos anos así coma unha rolda de propostas para o incremento do mesmo nos vindeiros meses.

Como prioridades a curto prazo acordamos centrar a nosa actividade na mobilización social para a próxima folga de mulleres do 8 de marzo así como diferentes xuntanzas informativas. Tamén potenciaremos a nosa presenza nas redes sociais para facilitar a actividade política.

Desta asemblea escolleronse novos cargos: coma responsábel comarcal saíu escollida Maruxa Martínez Romaní, de Esteiro, a cal asumeu o seu cargo cunha visión optimista sobre o futuro da nosa organización. Como responsábel de organización ficou escollido Anxo Moledo Carreño, anterior responsábel comarcal, e como responsábel da asemblea de mulleres Tamara Vidal Calvo.