A asemblea comarcal de Galiza Nova na comarca de Compostela vén de renovar as responsabilidades comarcais logo do período post-asemblear da XV Asemblea Nacional de Galiza Nova.
Na Asemblea Comarcal Aberta celebrada o día 11 de febreiro na capital do país, a militancia elixiu como novo Responsábel Comarcal a Alberte Calo, quen estará acompañado na Responsabilidade Comarcal de Organización por Argantael Kerdudo. Ademais, fan parte da nova Dirección Comarcal Navia Rivas e Alexandre Garrido, números 2 e 15 da candidatura do BNG ao concello de Santiago de Compostela. Completan o organismo Alba Barcia, responsábel da Asemblea de Mulleres, Manuel Magán, responsábel de Comunicación, e Miguel Lozano, responsábel da Asemblea LGBT.
A militancia afronta con ilusión a nova etapa, na que a actividade estará inevitabelmente marcada polas vindeiras eleccións. Dende a nova Dirección Comarcal afirman que o traballo xa comezou e que a primeira gran cita será a Folga de mulleres do 8 de marzo.