O pasado sábado tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira Dirección Nacional de Galiza Nova despois da XVII Asemblea Nacional. Nela analizouse o contexto político actual, fortemente marcado en Galiza polas inminentes eleccións galegas e a crise ambiental dos ‘Pellets’; renováronse as responsabilidades nacionais e marcouse o traballo para os vindeiros meses.
CAMPAÑA ELECCIÓNS GALEGAS:
Analizamos o momento histórico no que se atopa o nacionalismo galego, coa oportunidade de chegar ao goberno da Xunta de Galiza o vindeiro 18 de febreiro e volcaremos todos os esforzos da nosa organización en mobilizar á mocidade galega para que Ana Pontón sexa presidenta da Xunta.
CAMPAÑA DO 8 DE MARZO:
A máis de dous meses do día internacional da muller traballadora, aprobamos o traballo a realizar de cara ao 8M, apostando por unha campaña de recuperación histórica e de posta en valor das loitas feministas na actualidade.
RENOVACIÓN DE RESPONSABILIDADES NACIONAIS:
Renovamos as responsabilidades nacionais da nosa organización, quedando as seguintes:
- Secretaría Xeral: Marta Gómez.
- Organización e Finanzas: Nuno Galán.
- Comunicación e Publicacións: Nazaré Estévez e Álex Bastero.
- Institucional e Relacións Internacionais: Pilar Vázquez.
- Responsable LGBT: Sergio Marey.
- Responsable de Mulleres: Sabela Méndez.
- Formación: Iago Suárez.
- Simpatizantes: Natalia Camiña.
- Emprego, Vivenda e Servizos Públicos: Paulo Alonso e Daniel Sussman.
- Movementos Sociais: José Rodríguez.
- Lingua e Cultura: Carmela Franco.
- Ecoloxismo: Miguel Ángel Meléndez.
OUTRAS CUESTIÓNS:
Na xuntanza tamén se trataron outras cuestións como continuar co apoio ás mobilizacións a favor do pobo Palestino ou seguir coa campaña de denuncia pola crise medioambiental dos ‘pellets’ que está afectando as nosas costas.