O pasado sábado 29 de agosto tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira Dirección Nacional de Galiza Nova deste curso político. Nela analizouse o contexto político actual, fortemente marcado polo avance dos discursos reaccionarios e o auxe da ultradereita. Tamén se valorou o traballo realizado durante o verán e abordáronse os principais retos para os vindeiros meses, centrando o esforzo na preparación do traballo de comezo do curso político.
CAMPAÑA EN DEFENSA DA SOBERANÍA
A Dirección Nacional aprobou avanzar na concreción do traballo dos vindeiros meses en torno a unha campaña marco centrada na necesidade de adquirir unha maior soberanía para resolver as cuestións que afectan a mocidade do noso país.
XORNADAS DE FORMACIÓN: A REALIDADE DA INMIGRACIÓN NA GALIZA
Aprobamos definitivamente a proposta de xornadas de verán de Galiza Nova que terán lugar os vindeiros 25, 26 e 27 de setembro na vila de Corcubión e versarán sobre a cuestión antiracista e a situación da inmigración.
Para desenvolver ferramentas coas que combater os discursos reaccionarios que pretenden sinalar a poboación inmigrante como foco das problematicas sociais que sofre o noso país que non son se non producto do capitalismo salvaxe.
CAMPAÑA DO 25 DE NOVEMBRO
Aprobouse igualmente a campaña nacional de Galiza Nova para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista.
A campaña desenvolverase ao longo das próximas semanas con actividade en todo o país, poñendo o foco na necesidade de poñer o foco sobre os distintos tipos de violencias moitas veces silenciadas que sofren as mulleres, en especial as máis novas.
CAMPAÑA DE LINGUA
Aprobaronse os traballos en materia de lingua para os próximos meses centrados na cuestión da integración e o galego como lingua de acollida así como no confronto co novo plan xeral de normalización da lingua galega.
