Resultado das Rifas de Nadal 2022

A continuación anunciamos os números premiados no sorteo organizado por Galiza Nova. As persoas posuidoras das rifas con estes números, veñen de gañar o seguinte:

  • Dúas noites para 4 persoas na Casa Lourán (Monfero) –  3195
  • Dúas entradas para o concerto de despedida de Sondarúa – 1304
  • Unha cesta de produtos gastronómicos do país – 2201

As persoas posuidoras das rifas premiadas deberán contactar coa nosa organización a través do correo electrónico nacional@galizanova.gal. O prazo para reclamar os premios é até o día 9 de marzo

Grazas a todas e a todos por participar no sorteo e colaborar connosco mediante a compra das rifas de Galiza Nova.