Novamente atopámonos ante o asasinato por terrorismo machista dunha muller na cidade de Vigo. Desde Galiza Nova enviamos toda a nosa solidariedade á familia e amizades de Divina Mendes. Mais tamén esiximos ao goberno que active dunha vez os protocolos adecuados e realice campañas reais e efectivas contra o silencio e a complicidade, promovendo a coeducación para avanzar cara a unha sociedade sen violencia e en igualdade.
Non perdoamos ao goberno os seus recortes en igualdade e contra a violencia machista. Por iso temos que continuar saíndo á rúa, para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres que sofren a violencia machista.
Deste xeito, animámos a todas e todos a revirarse contra o terrorismo machista e a acudir ás concentracións que están convocadas en repulsa ao asasinato de Divina Mendes na xornada deste martes, 8 de setembro ás 20:00 h.
A Coruña: Obelisco
Compostela: Porta do Camiño
Ferrol: Praza do Concello
Ourense: Subdelegación do goberno
Pontevedra: Praza 8 de Marzo
Vigo: Marco
Lugo: Praza do Concello
Ponteareas: Concello, ás 20:30.