Coloquio en Vigo sobre a revolución Cubana

acto-revolucion-cubana-vigoEste venres 16 de decembro en Vigo falaremos da situación da Revolución Cubana e do legado de Fidel Castro, así como do seu contributo ás loitas de liberación nacional e anticoloniais na segunda metade do século XX e da necesidade de soberanía para os pobos.

Contaremos con Hafdala Mani Luali, Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Central de Cuba “Marta Abreu”, con Montse Prado, deputada e responsábel de Relacións Internacionais do BNG, e con Brais Ferreiro, actual responsábel de organización de Galiza Nova Vigo.

Agardámoste este venres 16 ás 20h no Bar Batallón (r/ Martín Códaz, 17).

Viva a revolución cubana!