Rexeitamos de novo a represión do estado español en Catalunya

Esta mesma mañá vimos de coñecer a detención de 11 persoas da esquerda independentista catalá relacionandas coas protestas do primeiro aniversario do 1-O en Girona. Unha vez máis o estado español mostra a súa verdadeira cara, reaccionando a protestos pacíficos, democráticos e lexítimos da poboación catalá, con violencia e represión, reafirmándose no seu caracter antidemocrático.

Violencia e detencións indiscriminadas cara activistas políticas é a receita do estado español para manter o seu estatus e manter nas nacións sen estado do estado español unha relación de dependencia colonial que substente o actual réxime do 78. O ataque ecarnizado contra os procesos de liberación nacional dentro do estado español, constata que estes son os que verdadeiramente poden tumbar este rexime antidemocrático, clientelar e imperialista que é o estado español.

Desde Galiza queremos enviar un saúdo nomeadamente á organización xuvenil La Forja, da cal son militantes dúas das detidas, así coma as demais organizacións ás que pertencen as persoas represaliadas.

Hoxe asistimos a un uso da forza de forma indiscriminada contra persoas que, de xeito pacífico, buscan a súa liberdade e a do seu pobo. Desde Galiza Nova condenamos a actuación do goberno central español o cal pretende silenciar a paus as reclamas de liberdade dos pobos e solidarizámonos coas compañeiras detidas, un exemplo de loita e de dignidade colectiva para o pobo catalá e para os pobos que loitamos por conquerir a nosa liberación nacional lonxe da represións do estado español e da miseria á que este nos condena.