Rosalía de Castro: Sempre no pensamento e na acción!

diaderosalia 00O próximo luns 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, con motivo da data de nacemento da nosa escritora fundacional e un dos nosos maiores símbolos de afirmación nacional.

Queremos reivindicar a Rosalía nunha Galiza na que os seus versos vólvense, se cabe aínda, de maior vixencia debido ao aumento da dependencia da nosa nación, o empeoramento das condicións de vida da nosa mocidade (desemprego, emigración…), a marxinación da nosa lingua e cultura e a perda de dereitos das mulleres galegas.

Animamos á participación da mocidade no acto central organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para homenaxear a Rosalía de Castro, e que terá lugar este domingo ás 12h no Pantón de Galegos Ilustres. Ademais, tamén chamamos a participar nos diversos actos que o luns 24 a AELG impulsa por toda Galiza e que podes consultar nesta ligazón.