Dende Galiza Nova chamamos a participar este sábado 11 de agosto en Pontevedra na manifestación convocada por Touradas fóra de Pontevedra e a cal a nosa organización apoiamos para reivindicarmos unha Galiza libre de touradas.
Na altura do ano 2018 non debe haber lugar as actividades que se baseen no maltrato animal, as touradas non son máis ca a normalización da tortura e o seu uso con fins lúdicos, unha barbaridade que segue a ser permitida tanto polo goberno do Estado coma o da Xunta, que permiten as touradas incluíndo excepcións nas leis contra o maltrato animal.
Porén, non só rexeitamos as touradas pola tortura animal que representan, senón por ser tamén un dos elementos máis significativos do imperialismo español na nosa terra. Un dos principais argumentos que se usan a nivel de estado para xustificar a tauromaquia é o de ser unha tradición arraigada na poboación, este, a pesares de ser un argumento que non serve de xustificación para tal barbaridade, é mesmo falso no noso país, pois na Galiza a afluencia ás touradas é moito menor, non sendo rendíbeis, polo que o único interese que hai en manter as c
orridas de touros na nosa nación é para manter un dos símbolos máis visíbeis do españolismo máis rancio presente. Na Galiza as touradas non son nin cultura, nin arte, nin tradición, son pura colonización.
TOURADAS FÓRA DA GALIZA!