A mocidade con voz propia: o próximo sábado 18 de xuño, Carlos Callón, candidato nº1 ao Congreso polo BNG-Nós Candidatura Galega, conversará coa mocidade da Barbanza. Será ás 18:30h no Bar Praza (Praza de Compostela, Ribeira).
O ribeirense conversará connosco sobre as problemáticas que afectan á mocidade: a LOMCE, recortes en bolsas adémicas, o desemprego xuvenil, a precariedade, a emigración forzosa… e sobretodo, das alternativas para erguer unha Galiza con traballo e liberdade para a mocidade!
Anímate a vir e debater! Entre todas podemos atopar as mellores ideas e solucións para construír na Galiza un futuro digno.