Como xa fixo en numerosas ocasións o complexo ENCE-Elnosa trata de permanecer na Ría de Pontevedra mercando a opinión pública e investindo inxentes cantidades de diñeiro en campañas propagandísticas. Conscientes de que as mobilizacións populares poden obrigalos a abandonar a súa localización actual, tentan tapar os enormes danos que a permanencia do complexo produce á nosa ría e o noso monte (malos cheiros, destrución do sector marisqueiro e turístico da zona: vertendo mercurio e eliminando as praias, monocultivo de eucalipto favorecendo os incendios forestais, etc.). O Bloque Nacionalista Galego ten loitado dende sempre, con todas as armas que tivo ao seu dispor, para suprimir esta aberración ambiental. Só o BNG ten dado a cara nas institucións contra esta mafia.
Baixo a escusa do desemprego chantaxean á veciñanza e empregan aos traballadores para realizar estas campañas como a do Comité de Empresa de Elnosa que culpa directamente ao Concello de Pontevedra, aínda que afunda os sectores produtivos básicos da Ría que xerarían moito máis emprego do que ENCE. Ademais, mercan a prensa difundindo informacións falsas coma o cese da contaminación e os cheiros ou a suposta axuda para o saneamento da Ría (sendo esta competencia da Xunta, non de empresas privadas!!). Os seus directivos teñen recoñecido que prefiren gastar o diñeiro en lavados de cara mediáticos antes que no traslado da factoría. Non lles importa a Ría, só lles importa a súa conta de resultados.
Chamamos á mobilización este sábado 4 de maio a todas aquelas persoas que senten a necesidade de erguer a súa voz contra esta inxustiza. Debemos loitar con forza contra o monstro ENCE-ELNOSA-PP, expulsalos da nosa terra, pois hoxe, mañá, e sempre: