Saleta Goi foi nomeada militante de honra de Galiza Nova, nun ateigado acto de lembranza ao poeta nacional Manuel María. Este sábado 7 de maio, no Campo da Leña da Coruña, a organización xuvenil nacionalista xuntou un cento de veciñas e veciños que leron numerosos poemas de Manuel María.
Ao remate, foi entregado o carné de militante de honra de Galiza Nova a Saleta Goi, nun emotivo encontro de recoñecemento a toda unha vida de loita e paixón pola liberación da Patria Galega e a construción dun futuro mellor, e en agradecemento ao continuo apoio de Saleta a mocidade de Galiza Nova.
Finalmente, a compañeira Navia Rivas puxo música á obra de Manuel María coa que as mozas e mozos lembramos ao poeta do povo.
Moitas grazas Saleta por loitarmos xuntas e xuntos por Galiza. Seguimos!