Saudamos a creación do proceso aberto de unidade no movemento estudantil

asemblea_baseDende Galiza Nova saudamos a creación do proceso aberto de unidade “Asembleas de Base. Organizando o estudantado galego.” impulsado no ensino polas tres organizacións estudantís nacionalistas (Comités, Liga e Agir) para reforzar o movemento estudantil galego dotándoo dunha ferramenta organizativa única e que responda mellor as problemáticas do ensino galego.

No contexto actual no que o goberno español ataca o ensino público e trata de españolizalo por completo, coa total connivencia da súa sucursal na Xunta é necesaria a unidade do estudantado galego na loita contra as súas ofensivas e nomeadamente contra a aplicación da LOMCE a partires do vindeiro curso.

En Galiza Nova entendemos como prioritaria a necesidade dun movemento estudantil nacionalista que loite pola defensa dos nosos dereitos como nación tamén no ensino e estamos seguras de que este será un gran paso cara a consecución dun ensino galego, antipatriarcal, de calidade, na lingua do país e ao servizo do noso pobo.