SAÚDE MENTAL E EFECTOS DA PANDEMIA

A Covid-19 colocou en primeiro plano a nosa saúde e reforzou as dinámicas alienantes e illadoras dun fallido Estado de Benestar relacionadas coas formas modernas de sufrimento psíquico na mocidade. Reforzou as dinámicas alienantes e illadoras dun falido Estado de Benestar relacionadas coas formas modernas de sufrimento psíquico na mocidade.

Se ben aínda é cedo para avaliar estatisticamente os efectos da pandemia na saúde mental da mocidade galega, xa comezan a saír estudos que demostran o grande impacto que esta tivo entre a xente moza. No 2020 o suicidio pasou a ser a segunda causa de morte no Estado para as persoas entre 15 e 29 anos e segundo un estudo realizado no 2021 por Save de Children, entre 2017 e 2021 aumentaron un 4% os diagnósticos de trastornos mentais entre a xente moza.

Alén de ter que asumir responsabilidades por enriba das nosas posibilidades, vendo como a pandemia aumentaba as desigualdades que xa existían, as limitacións sanitarias e as medidas de distanciamento social mudaron a nosa forma de relacionarnos, levando ao illamento en moitos casos e en consecuencia á soidade. A mocidade sufrimos ademais unha brutal campaña de criminalización por parte dos grandes medios de comunicación e dos gobernos tanto do Estado como da Xunta, facendo que recaera sobre nós a culpa dos surtos e as vagas da covid-19.

A crise sanitaria é o maior exemplo de como a saúde mental é un reflexo do sistema que nos rodea e non pode polo tanto encasillarse nunha cuestión puramente biomédica, pois inflúe o noso redor.