II SEMANA DA PATRIA

Neste mes de xullo de 2018 Galiza Nova e o BNG organizamos a “II Semana da Patria Galega”. Unha xeira de máis de 60 actividades que a mocidade de Galiza Nova organiza por todo o país ao longo da semana próxima para popularizar o Día da Patria galega e facer avanzar a conciencia nacional e patriótica entre a xente moza.

A temática central desta edición é a do noso 30 aniversario como organización, que foi fundada o 24 de xullo de 1988. Deste xeito encadramos estas máis de 60 actividades na nosa campaña nacional “30 anos de loitas”, e ao mesmo tempo tamén reivindicaremos a nosa bandeira nacional, así coma o 50 aniversario que se cumpre este ano tamén do Día da Patria.

Durante a Semana da Patria teremos actos de temática moi diversa mais todos terán como eixo central a necesidade de soberanía. Teremos actos de todo tipo: palestras, debates, actos formativos, mosaicos, concertos… Estas actividades terán lugar na semana previa á 25 de xullo, Día da Patria Galega. Queremos que esta semana sirva para sumar máis mocidade na loita pola nosa plena soberanía nacional, da capacidade de decisión que nos permita construír unha nova Galiza na que a mocidade non sexa expulsada por milleiros á emigración, polo desemprego e a precariedade.

Consulta aquí todas as actividades programadas:

ACTIVIDADES PREVIAS

  • VIGO 14 xullo: Mosaico pola autodeterminación Nacional
  • VIGO 15 xullo: Visita á Illa de San Simón e reivindicación coma “Illa da Memoria”

LUNS 16

  • LUGO: Despregamento da bandeira da patria na Ponte Romana
  • CANGAS: Mosaico pola patria galega
  • VIGO: Palestra: “Unha ollada galega ao proceso soberanista de Catalunya”
  • LALÍN: Mosaico pola patria galega
  • PONTEAREAS: Proxección de “A Estrela na Alba” e coloquio sobre Castelao
  • PONTEVEDRA: Acto simbólico contra as touradas

MARTES 17

  • VIGO: Reparto de bandeiras da patria na praia do Vao
  • LUGO: Reparto de bandeiras da patria e mosaico sobre Castelao
  • MOAÑA: Palestra-coloquio: “O papel de Galiza Nova no feminismo galego”
  • A CORUÑA: Mosaico polo 30 aniversario de Galiza Nova e Acto de Homenaxe a Curros Enríquez
  • COMPOSTELA: Acto político sobre o 50 aniversario do Día da Patria
  • A MONTAÑA: Acción simultánea en Melide e Arzúa coa bandeira da patria
  • TUI: Acto político contra o fascismo na Galiza
  • PONTEVEDRA: Despregamento da bandeira da patria.
  • A POBRA DO CARAMIÑAL: Mosaico pola patria

MÉRCORES 18

  • VIGO: Proxección-coloquio: “CCVV Cineclube Carlos Varela”
  • LUGO: Chamamento en bicicleta ao Día da Patria
  • VILABOA: Mural colectivo
  • A CORUÑA: Carpa informativa con música do Festigal na zona da Praia
  • PONTEVEDRA: Mural colectivo e reparto de bandeiras da patria
  • COMPOSTELA: Mosaico e despregamento da bandeira da Patria
  • CARBALLO: Despregamento da bandeira da patria

XOVES 19

  • VIGO: Acción de difusión da bandeira da patria
  • REDONDELA: Palestra: muller e loita obreira en Redondela
  • BUEU: Mural colectivo e Mosaico pola Patria na Ponte Internacional de Tui.
  • COMPOSTELA: Reparto de bandeiras da patria e e material de difusión do Festigal
  • PONTEVEDRA: Mesa redonda sobre os 30 anos de Galiza Nova.
  • FISTERRA: Despregamento da bandeira da patria
  • LUGO: Roteiro nacionalista

VENRES 20

  • VIGO: Mesa redonda: “A soberanía nacional como necesidade social”
  • ALLARIZ: Festa popular pola Patria con SonDaRúa.
  • LUGO: Foliada pola patria
  • TUI: Coloquio sobre o pensamento político de Castelao
  • NOIA: Concerto pola patria con XeVa
  • SOUTOMAIOR: Coloquio sobre a loita das mulleres da Pontesa

SÁBADO 21

  • VAL MIÑOR: Acción de difusión da bandeira da patria
  • A POBRA DO CARAMIÑAL: Mesa redonda: “Cuestión de xénero e soberanía nacional”
  • SOUTOMAIOR: Festa nacionalista de Soutomaior
  • COMPOSTELA: Subida ao Pico sacro coa Federación Galiza Cultura e posterior Festa-recital e foliada no Avante
  • MELIDE: Concerto e Foliada
  • OUTES: Acto político conxunto co BNG polo Día da Patria
  • SALVATERRA: Despregamento da Bandeira da Patria no Castelo de Salvaterra
  • OURENSE: Acto simbólico coa bandeira da Patria
  • BUEU: Concerto pola Patria con SonDaRúa

DOMINGO 22

  • ALLARIZ: Despregamento da bandeira da Patria no Castelo de Allariz e Acto político “50 anos do Día da Patria” no Roi Xordo.
  • MUROS: Mosaico pola patria

POSTERIORES

  • PONTEAREAS 23 DE XULLO: Coloquio sobre a música galega
  • VIGO 23 DE XULLO: Acto de difusión da bandeira da patria
  • VIVEIRO 23 DE XULLO: Despregamento da bandeira da patria