Desde Galiza Nova iniciamos un ciclo de entrevistas, Sementeira de ideas, que terá lugar través da nosa nova canle de Twitch de xeito periódico. Con esta proposta queremos achegar á mocidade galega distintas visións sobre cuestións de interese social e actualidade política. Serán entrevistas breves a diferentes persoas do ámbito nacional e internacional.
A primeira entrevista terá lugar mañá, quinta-feira ás 19:30h e contaremos con Marçal Escartín, Secretario de Política e Cooperación Internacional de Jovent Republicá, as mocidades de Esquerra. Nela debateremos sobre a situación de Catalunya após as eleccións do pasado 14 de febreiro e analizaremos as perspectivas de futuro.
Anímate a participar entrando en http://twitch.tv/galizanova.