
O pasado 8 de marzo Santiago Freire, o alcalde Noia, no acto do Día da Muller Traballadora mentres daba o seu discurso dixo: “A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse”.
Por iso a mocidade da vila comezou unha iniciativa de recollida de sinaturas vía “Change.org”, onde xa hai recollidas máis de 650 sinaturas, onde se lle pide a ó Sr. Freire que actúe en consecuencia coa súa dimisión posto que non se pode permitir que un representante dunha vila diga tales cousas nun acto polo Día Muller Traballadora e non teña ningunha represalia.
A forza feminista é moi importante xa que as actitudes machistas teñen que ter unha consecuencia, tanto de maneira social coma institucional, non se pode permitir ningún tipo excepción e moito menos por parte do goberno.
A mocidade de Noia esixe xustiza e que se actúe consecuentemente ós feitos cá dimisión do Sr. Freire e tamén que dea a cara pedindo desculpas de maneira pública e non mediante un documento.
Colabora na recollida de sinaturas premendo aquí.
inadmiseibel este tipo de comentarios en persoas que nos representan