Sobre a dobre vara de medir do Estado Español e a criminalización da mocidade

represion_videoNo día de onte, a Garda Civil arrestou a 17 moz@s por suposto enaltecemento do terrorismo nas redes sociais e internet, un deles galego.

Desde Galiza Nova queremos pór de manifesto unha vez máis a crecente criminalización do nacionalismo e da mocidade por parte do estado español. É ademais un escándalo que as investigacións e despregues policiais como o ocorrido non se leven a con todas aquelas persoas que usan estes medios para escribir comentarios de carácter machista, homófobo, racista ou fascista.

Hai poucas semanas que a nosa organización foi vítima nas redes sociais dunha oleada de ameazas de até de morte por parte de elementos fascistas. Ningunha foi a resposta do estado. Ningunha é a resposta do estado a perfís que fan apoloxía do terrorismo machista ou deixan comentarios fascistoides nas redes sociais, nos medios de comunicación, ou mesmo desde atrís de institucións públicas e de mítines políticos.

Denunciamos non só unha dobre vara de medir do goberno español, senón un claro intento de criminalizar ao soberanismo con grandes despregues policiais e parafernalias mediáticas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *