
Perante o macro-xuízo na Audiencia Nacional española contra 28 moz@s vasc@s acusad@s de pertenza a Segi, desde Galiza Nova queremos amosar a nosa solidariedade coas e cos encausad@s e o noso rexeitamento á criminalización da mocidade abertzale que supón o propio proceso xudicial.
A vista oral, iniciada en Madrid o 22 de setembro, pon en evidencia, máis unha vez, a estratexia que manteñen as institucións españolas a respeito da resolución do conflito vasco e que pasa polo mantemento da excepcionalidade xurídica e o rexeitamento a calquera resolución do proceso pola vía do diálogo.
Asemade, os testemuños achegados pol@s moz@s xulgad@s reflicte as prácticas da policía española no decorrer das súas detencións ao denunciaren teren sido vítimas de tortura e malos tratos por parte dos axentes. Denuncias que veñen a se sumar ás recoñecidas pola propia Audiencia Nacional na sentenza ditada con motivo do anterior macro-xuízo xuvenil no que, cómpre lembrar, tod@s @s encausad@s foron absolt@s.
Así mesmo, denunciamos a brutalidade policial coa que a Ertzaintza actuou na disolución do muro popular de Loiola e a detención de cinco mozos máis que, asemade, se atopan actualmente en prisión.
Unha das persoas detidas relata como foi chantaxeada e ameazada pola policía con frases como «vaste comer os mortos»
Os testemuños recollidos polo xornal vasco Naiz son tremendos: un mozo detido este sábado en Loiola explica como lle obrigaron a aprenderse de memoria a declaración e de que maneira o chantaxearon, facéndoo elixir entre culpalo da morte de Isaías Carrasco e Inaxio Uria (mortos en acción de ETA) ou autoinculparse dos actos de «kale borroka», e foi ameazado con frases como «vaste comer os mortos». Cabe salientar, tal e como lembra o xornal Naiz, que este mozo se ofrecer a declarar hai xa dous anos, tras unha operación en Hernani, mais o instrutor do cando, Baltasar Garzón, asegurou ao seu avogado que «non había nada contra el».
.