Solidariedade co pobo venezolano. Adiante a revolución bolivariana!

maduroGaliza Nova denuncia o intento golpista que a dereita está a desenvolver contra o goberno bolivariano de Venezuela presidido por Nicolás Maduro.

Alentad@s e apoiad@s polo imperialismo ianqui e os grandes grupos da oligarquía económica, financeira e mediática do país, a escalada de violencia que está a padecer a República Bolivariana de Venezuela non é mais que unha volta de porca na campaña desestabilizadora que procura tombar o goberno bolivariano democraticamente eleito nas presidenciais de 2013 e nas mucipais de decembro.

Desde Galiza Nova, como organización xuvenil patriótica e de esquerdas, amosamos o noso apoio ao pobo venezolano e ás institucións bolivarianas, exemplo de loita e sobenaría popular a prol dunha sociedade nova, xusta e solidaria. Temos a certeza de que, como no 2002, o pobo venezolano derrotará à dereita golpista e continuará avanzando o proceso revolucionario bolivariano e a construción da Patria Socialista.