Solidariedade con Euskal Herria ante as detencións de 18 integrantes de Herrira e as agresións policiais.

Herrira!A operación policial desenvolvida esta segunda feira a instancias da Audiencia Nacional española e da Fiscalía do Estado supón un claro exemplo do mantemento das dinámicas de guerra en tempos de paz e reflicte unha actitude contraria por parte do Estado español á resolución do conflito político vasco. Asemade, supón un grave ataque aos dereitos civís e políticos da cidadanía vasca.

Neste senso, desde Galiza Nova amosamos a nosa solidariedade con Herrira e coas 18 persoas detidas en Euskadi e Nafarroa por pertenceren a este movemento cidadán polos dereitos d@s pres@s polític@s vasco@s. Aliás, denunciamos a vontade do goberno español, a través do Ministerio de Interior, de criminalizar o movemento popular a prol dos dereitos humanos e d@s pres@s que vén a se sumar á campaña de criminalización do movemento xuvenil e social abertzale da que dan boa conta as últimas detencións e citacións xudiciais.

Solidariedade con Euskal Herria perante adetención de 18 persoas de Herrira, movemento polos dereitos d@s pres@s vasc@s

Así mesmo, denunciamos a vaga de represión que seguiu ás detencións d@s integrantes de Herrira e que se saldou con numerosas persoas identificadas e varias feridas polas cargas policiais cando a cidadanía saíu ás rúas para se manifestar polo feche de oficinas e detencións de integrantes de Herria. Entre elas, unha senadora de Amaiur cuxa imaxe serve de exemplo para ilustrar a brutalidade policial, neste caso, da Ertzaintza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *