Solidariedade con Euskal Herria

Maite Bidarte TwitterDesde Galiza Nova queremos amosar toda a nosa solidariedade coas persoas que este luns se concentraban na Praza da Virxe Branca en Gasteiz para frear a detención de Aiala Zaldibar, Igarki Robles e Ibon Esteban. As tres persoas condenadas, xunto con outras catro, pola xustiza española debido á súa militancia política no que é máis un xuízo contra os dereitos e liberdades políticas do pobo vasco.

A actuación da Ertzaintza no despexo do muro popular e as detencións deixaron en evidencia a brutalidade dos axentes e da propia lexislación española que continúa a perseguir a mocidade independentista vasca.

Desde a Galiza queremos trasladar o noso apoio ao conxunto do pobo vasco e, nomeadamente, á xente moza que hoxe foi exemplo de dignidade e resistencia en Gasteiz.