Solidariedade coa mocidade bolivariana perante o asasinato de Robert Serra, deputado e militante da JPSUV

jpsuvO 1 de outubro foron asasinad@s o deputado do Partido Socialista Unido de Venezuela e militante da súa mocidade, Robert Serra, e súa compañeira María Herrera. Embora continuaren a ser investigados os feitos, todo apunta a que se trata dun asasinato político.

Desde Galiza Nova queremos transmitir toda a nosa solidariedade á organización xuvenil do PSUV e ao goberno da República Bolivariana de Venezuela pola morte de Robert Serra e María Herrera. Asemade, queremos pór en valor a acción política deste militante incansábel que malia a súa curta vida traballou arreo para mellorar as condicións de vida do pobo venezolano así como a prol dunha Venezuela máis xusta e libre.

Son, neste senso, as súas denuncias a respeito dos plans desenvolvidos pola oposición para desestabilizar o Goberno bolivariano as que poderían estar detrás do seu asasinato e o da súa compañeira. Cunpre lembrar que Serra era responsábel da comisión de investigación arredor da relación existente entre o presidente de Colombia, Álvaro Uribe, e o militante da dereita venezolana Lorent Saleh para desestabilizar o país.

Desde Galiza queremos enviar unha fonda aperta internacionalista ás xuventudes do PSUV e a tod@s @s venezolan@s que dia a día loitan pola independencia do seu país e contra as inxerencias externas; pola democracia e a xustiza social.

Viva a revolución bolivariana!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *