Apoiamos aos militantes de Galiza Nova en Cambre, Carballada e Neira, nunha concentración de solidariedade ante o xuízo ao que se enfrontaron esta mañá por realizaren un mural en defensa do dereito das mulleres a decidiren cando ser nais.
Desde Galiza Nova amosamos todo o noso apoio aos dous compañeiros e denunciamos a represión sistemática e persecución que padece a mocidade nacionalista no día a día polo simple motivo de exercer o dereito á libre expresión e non baixar a cabeza ante a España opresora e patriarcal.
Solidariedade con Neira e Carballada!