Solidariedade con Takbar Haddi

No día de hoxe, Galiza Nova e a SOGAPS solidarizámonos con Takbar Haddi, a nai do rapaz Mohamed Lamine Haidala, de 21 anos, asasinado pola policía de ocupación marroquí.

 

O noso secretario xeral, Alberte Mera, xa asinou en nome de Galiza Nova o manifesto impulsado pola Delegación Saharaui en Galicia e por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), que podedes ler a continuación:

 

Estimados compañeiros/as:

Desde a Delegación Saharaui en Galicia e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, queremos solicitar o voso apoio para TAKBAR HADDI. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Takbar Haddi, o pasado 15 de maio, comezou unha folga de fame INDEFINIDA fóra do consulado marroquí nas Palmas de Gran Canaria polo asasinato do seu fillo Mohamed Lamine Haidala de 21 anos por colonos marroquís, co respaldo das autoridades de ocupación e a neglixencia médica intencionada.

Despois do asasinato do seu fillo trasladouse ao Aaiún para coñecer os feitos de primeiro man. Ao coñecer da magnitude da inxustiza e das circunstancias do asasinato e morte, decidiu investigar e esclarecer os feitos até as últimas consecuencias; dirixiuse ao Ministro de Xustiza e Procurador Xeral do Rei en El Aaiún sen obter resposta, despois volveu escribir ao mesmo Procurador solicitando información sobre o destino das denuncias e reivindicacións.

Por resposta non tivo máis que o aumento do asedio policial e os asaltos á casa da familia e ás rúas que levan á mesma, cas conseguintes torturas dentro da vivenda e a destrución de bens.

Todo por non se render diante do diluvio de presións e ostentosos subornos (90.000 euros) a cambio de asinar o enterro do seu fillo en silencio e absterse de calquera demanda de autopsia, investigación ou outra.

Por isto, os colectivos sociais, políticos e culturais que apoiamos firmemente a folga de fame de Takbar Haddi denunciamos: A detención arbitraria e as torturas recibidas por Mohamed Lamin Haidalla por parte da policía de ocupación marroquí.

Que sigan en liberdade 3 dos 5 colonos asasinos de Haidala.

A corrupción do sistema sanitario marroquí, como un brazo máis do aparato opresor marroquí que perpetrou a morte de Haidala, vulnerando un dos dereitos máis básicos de asistencia médicosanitaria.

O cerco policial e as agresións que sofre a familia de Haidala na súa casa do Aaiún ocupado.

Por tanto, os asinantes esiximos:
1º- Abrir unha investigación independente sobre este crime e aclarar as circunstancias que o rodearon, debido a que as autoridades de ocupación, con este método, pretenden secuestrar a verdade e enterrala coa vítima.

2º- A exhumación e autopsia do cadáver de Mohamed Lamin Haidala por médicos especialistas e imparciais para aclarar as causas da súa morte e entregar os restos mortais á familia para ter un enterro digno.

VIVA UN SAHARA LIBRE!

Podes asinar pinchando no seguinte enlace:

https://secure.avaaz.org/es/petition/Ministerio_de_Justicia_de_la_potencia_ocupante_Marruecos_y_a_la_MINURSO_Esclarecer_el_asesinato_de_Haidala_y_juzgar_a_lo/?Day2Share