Son horas, son dereitos. Comunicado en apoio á folga do profesorado galego.

Desde Galiza Nova queremos expresar a nosa solidariedade co profesorado galego nesta xornada de folga.

Baixo o lema “Son horas, son dereitos” convócase no día de hoxe unha xornada de folga, con manifestación nacional ás 12h en Compostela, co fin de rematar coas condicións precarias de traballo que vive o profesorado no noso país.

Unhas ratios demasiado elevadas de alumnado por aula, os recortes económicos no ensino público ou o empeoramento das condicións de traballo das persoas docentes no noso país son algúns dos feitos que motivan esta folga.

Para Galiza Nova é fundamental blindar uns servizos públicos, galegos e de calidade, tamén no ensino, que sexan unha peza chave para o bo desenvolvemento do noso país, unha vez máis desprezado e condeado polo goberno da Xunta de Galiza de Feixoó e os sucesivos gobernos do estado español.

Hoxe, 12 de decembro, o profesorado galego sae á rúa para reclamar mellores condicións laborais para facer mellor o seu traballo en beneficio da nosa sociedade. Freemos os recortes nos servizos públicos e esixamos un ensino público, galego e de calidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *