Sorteo de Nadal 2020

Comezamos a venda de rifas do Sorteo de Nadal deste ano 2020. Desta volta os premios son os seguintes:

1º Premio: Unha consola Nintendo Switch Lite.

Dous 2º Premios: Dous lotes de material de SondaRúa. Contan cunha camisola do grupo e o seu último disco asinado.

3º Premio: Un lote de material de Galiza Nova valorado en 30 euros. O lote conta con:

  • Dúas pulseiras de Galiza
  • Dúas pulseiras coa bandeira LGBT.
  • Unha camisola de independencia (cor a escoller).
  • Unha camisola “Feminismo Sen Tregua”.
  • Unha crachá de Castelao
  • Unha crachá “Galiza Antifascista”
  • Unha crachá da bandeira da patria
  • Unha crachá da Estrela (madeira)
  • Unha crachá “Feminismo Sen Tregua”.
  • Unha crachá Feminista (madeira)

Podes mercar a túa rifa ate o 5 de xaneiro de 2020. Contacta con nós para mercar a túa rifa a través do nacional@galizanova.gal.