Sr. Feijóo: A todo porco lle chega o seu San Martiño!

Galiza Nova envía a Feijóo e Mato as alternativas para a creación de emprego xuvenil, xunto unha cacheira de porco e chourizos.

2013-11-15 11.31.39“Señor Feijóo, a todo porco lle chega o seu San Martiño” anunciou o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, “e tamén ao seu goberno lle chegará o seu San Martiño porque están condenando á mocidade galega á miseria”.

Galiza Nova entragou esta mañá a Alberto Núñez Feijóo e a Beatriz Mato por medio do Rexistro Xeral da Xunta de Galiza as propostas urxentes para a creación de emprego xuvenil na Galiza elaboradas pola propia Galiza Nova, así como unha cabeza de porco para o Presidente da Xunta e uns chourizos para a Conselleira de Traballo.

“A todo porco lle chega o seu San Martiño” adverteu Alberte Mera quen denunciou que mentres uns “poucos poderosos se enriquecen e rouban ao pobo coma verdadeiros chourizos”, a mocidade galega está a padecer as altas taxas de desemprego xuvenil na Galiza.

Feijóo e Mato son os máximos responsábeis políticos do drama social que está a padecer a mocidade. As súas accións desde o goberno da Xunta de Galiza están a provocar que cada día 70 moz@s de entre 20 e 34 anos abandonen o noso País e que máis de 26.000 emigraran o pasado ano.

SI HAI OUTRO CAMIÑO

Galiza Nova denuncia que o Feijóo mente cando di que os recortes son o único camiño, pois si existen alternativas que a curto prazo rematarían co desemprego xuvenil e que xerarían emprego digno para a mocidade. Por iso, Galiza Nova esixiulle ao PP que leve a cabo as medidas urxentes que esta mañá se lles enviou por rexistro.

A TODO PORCO LLE CHEGA O SEU SAN MARTIÑO

1384510789945E como a todo porco lle chega o seu San Martiño, o goberno do PP está condenado a pasar á historia máis escura do noso País, xa que como afirmou Alberte Mera, “a mocidade galega non acredita en Feijóo -nin Feijóo nela-, e os milleiros de mozas e mozos maltratad@s pola Xunta de Galiza erguerán unha Galiza nova onde a liberdade e o traballo digno e na terra sexa un dereito de tod@s”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *