Tamara Castro e Adrián Alcalde, responsábeis no Salnés

O Salnés

Este sábado 10 de Decembro a Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Salnés reelixiu por unanimidade a Tamara Castro como Responsábel Comarcal, e a Adrián Alcalde coma Responsabel de Organización. A reelección prodúcese no marco posterior á XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de Novembro en Compostela.

A Asemblea marcou como obxetivo para este novo período afianzar a Organización na Comarca e a recuperación do traballo en todas as localidades, levando a Galiza Nova a ser o referente da mocidade no Salnés. Para isto, escolleuse una nova dirección comarcal formada por mozas e mozos de diversas localidades.

Tanto Tamara coma Adrián afirmaron que “afrontamos esta nova etapa con moita ilusión, moitas gañas de traballar polos problemas da mocidade no Salnés en temas de estudos,traballo etc. Así como de potenciar o nacionalismo e ao BNG en todalas localidades”

Ademais, o ascenso da militancia do que gozou a Comarca , “ é un gran paso para lograr o obxetivo. Galiza Nova está aberto a toda a mocidade que queira sumarse a este proxecto transformador do País” afirmou Tamara.

A Asemblea contou con Elvira Blanco como representante da Comision Permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *