A caravana da mocidade galega, que está viaxando por todo o país, entra xa na útlima semana de campaña. Percorreu ducias de localidades dando a coñecer as medidas que elaborou Galiza Nova para a mocidade poder vivir e traballar dignamente na nosa terra, e que o BNG recolleu no seu programa electoral.
Esta semana estaremos achegando as nosas propostas nos seguintes lugares:
- REDONDELA: luns 19 ás 17h Praza do Concello
- CAMPUS PONTEVEDRA: martes 20 ás 11.30h
- BUEU: martes 20 ás 19h pavillón municipal
- CAMPUS VIGO: mércores 21 ás 11.30h en Tradución
- BAIONA: mércores 21 ás 18h entrada do parador
- SOUTOMAIOR: xoves 22 ás 18h Arcade
- ÚLTIMA PARADA: VIGO – venres 23 ás 20.15h no acto de peche de campaña (Auditorio Mar de Vigo)