Únete á folga xeral en Ferrolterra e participa das mobilizacións comarcais da CIG deste mércores. A mocidade galega esixe dereitos!

Participa da xornada de folga xeral convocada este mércores 12 de xuño na comarca de Ferrolterra e acode ás manifestacións contra o saqueo o empobrecemento que se realizarán ademais de en Ferrol, en Vigo, Compostela e Ribeira.
Desde Galiza Nova chamamos á mocidade de Ferrolterra a mobilizarse este mércores 12 de xuño contra as políticas neoliberais do PP que arruínan o futuro da comarca provocando unha taxa de paro dun 32% e o desmantelamento progresivo do seu tecido económico e industrial, e que por tanto destrúe as posibilidades das mozas e mozos de vivir e traballar no seu territorio, condenándo@s á miseria ou a emigración.

Participa da folga e acode con Galiza Nova e a CIG ás manifestacións contra o saqueo e o empobrecemento:
-Ferrol: ás 12:00 horas desde a Praza do Inferniño.
-Vigo: ás 20:00 horas desde Vía Norte.
-Compostela: ás 20:00 horas desde a Praza Roxa.
-Ribeira: ás 20:30 horas desde a Praza do Peixe.

Defende o traballo digno na nosa terra!