V Xornadas Feministas de Ordes

Este sábado, 10 de novembro, desde as 11h na Casa da Cultura de Ordes, levaranse a cabo as diferentes actividades enmarcadas dentro das V Xornadas Feministas.

Pasaron xa pola vila de Ordes numerosas feministas de referencia na Galiza, desde que no ano 2014 o BNG e Galiza Nova organizaron as primeiras xornadas deste tipo. Durante os últimos anos contouse con contido formativo da man de mulleres coma Teresa Moure, Ximena González, Goretti Sanmartín, Mai Insua, Loli Martínez, Laura Bugalho ou Lucía Veciño. Mais tamén con contido lúdico para por en valor e visibilizar o traballo de moitas mozas en distintos ámbitos, da man de MJ Pérez, Inés Mirás, Marta Suárez, Rocío Martínez, Isa Risco, Aldaolado ou Laura Romero entre outras.

Nesta ocasión, continuanmos co compromiso de achegar o feminismo desde distintas perspectivas á mocidade ordense e sociedade en xeral, normalizando e visibilizando os debates nos espazos que nos son máis próximos, e acreditando na necesidade de que estes ideais penetren en todos os eidos para transformar as nosas vidas.

Nas V Xornadas Feministas de Ordes pretendemos subliñar que tamén nas vilas se está a tecer feminismo de formas moi diversas, destacando algúns dos moitos proxectos que se están a crear ou que están xa construídos ao noso redor.

Por iso, desde Galiza Nova convidámosvos e animamos a asistir e participar nesta edición.

Programa:
11:00h

Iria Pedreira (tradutora e filóloga)

11:30h
María Prado (mestra de Educación Primaria e Musical, trompetista e condutora de autobús)
Silvia García (trompetista e xardineira)
Tania Gándara (taekwondista)

12:30h
Olaya Naveira (ilustradora infantil)
Diana Rodeiro “Nana” (muralista)

17:00h
Obradoiro de xabóns artesáns con Claudia Moar
(precísase inscrición no correo bng.ordes@gmail.com ou no teléfono 981 55 58 50)

19:00h
Teatro PROCÚRASE PEPA A LOBA en Ordes coa actriz Cristina Collazo

19:50h
Coloquio con Cristina Collazo: muller rural e teatro

*Deseño do cartaz de Lidia Cao