Ven este domingo á homenaxe a Castelao en Ponteareas!

Este pasado mes de xaneiro cumpríronse 65 anos do pasamento do compañeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Como recordatorio da súa figura, Galiza Nova ten realizado na comarca do Condado durante todo este mes unha serie de actos para reivindicar a vixencia de Castelao polo seu compromiso co país e coas clases populares.

Logo da realización dun mural na Avenida de Castelao e unha exposición en diferentes locais comerciais da zona sobre a súa figura, poremos punto e final a esta xeira de homenaxes.

Este domingo, día 1 de febreiro, dende as 12 da mañá, na propia Avenida de Castelao (enfronte do Centro escolar Santiago Apostol), Galiza Nova levará a cabo unha homenaxe a Castelao na que contaremos con intervencións e música en directo.

Agardámoste!

1890539_814479295312820_6943330876462457014_o